¿Que uso lle das ó ordenador?
-Buscar información:
Lista de usos que lle dou ó meu ordenador, razóns que me levan a darlle tales usos, e as vantaxes a inconvintes de cada un deles:
Uso o meu ordenador case exclusivamente para buscar información, xa sexa para cousas de clase ou simplemente por interese propio.
-As razóns: A razón de que use o ordenador para buscar información, é que é moito máis rápido que acudir a unha enciclopedia ou a un libro. Grazas a internet puiden ter acceso a case toda a información sobre a que me quixen informar.
Vantaxes: Infórmome rapidamente e con certa fiabilidade de case todo o que eu poida querer.
Inconvintes: A información sacada de internet é ás veces falsa, ó fin e ó cabo, quen colga a información na rede son persoas, que ben poden equivocarse, ou ben poden querer influir en nos dandonos información falsa, para levarnos a pensar o que eles queren en certos temas.
-Facer traballos de clase:Coma neste caso, utilizo moitas veces o meu ordenador para realizar traballos para a clase. Esta sería a primeira vez que realizo un traballo que non imprimirei tras rematalo, xa que o necesario é colgalo no blog, e non entregalo en formato físico.
-As razóns: Teño unha caligrafía bastante deficiente. A verdade é que esta é a miña única razón para realizar traballos de clase no ordenador en lugar de facelos á man.
Vantaxes: A xente desorganizada ou con mala caligrafía pode redactar textos máis elaborados e vistosos do que o faría con papel e bolígrafo.
Inconvintes: O único malo que podo nombrar deste tema, é que se escribes sempre a ordenador, a túa caligrafía ira empeorando a medida que perdas a maña polo desuso da man.
-Escribir:Leer pareceme un coñazo, sinceramente, pero escribir gústame bastante, non teño que aturar personaxes estúpidos nen escenas pouco creibles ou sen sentido, de modo que, utilizo o ordenador bastante a miúdo para escribir as miñas propias historias.
-As razóns: A mesma razón do punto anterior, engadíndolle que prefiro gardar os meus libros no ordenador, dese xeito nunca os perdo polos caixóns.
Vantaxes: Organízome mellor para escribir, non perdo nunca os meus libros, teñoos correctamente ordeados en carpetas, e podo acceder a calquera punto do libro nun instante sen ter que andar pasando paxinas dun libro en formato físico.
Inconvintes: Escribir a ordenador un libro... será cousa miña, pero considero que non ten o mesmo mérito que tería facelo á man. Ás veces dame por empezar a escribir algún á man, pero son demasiado preguiceiro.
-Xogar:Normalmente, compro ordenadores de cara a algún xogo en concreto que me interesa, fixándome nas tarxetas gráficas, na RAM, etc. Non xogo demasiado xa que non teño tempo, pero o certo é que prefiro xogar no ordenador antes que nas consolas de sobremesa.
-As razóns: Os xogos multiformato son máis vistosos en ordenador, ou eu así o considero. Podo entrar nas carpetas do xogo e cambiar algunhas cousas, isto nunha consola non podería facelo, por poñer un exemplo. Ademais diso, os mods creados polos usuarios para algúns xogos, xamais chegan á venta nun formato físico, polo tanto, so podo utilizalos se xogo á versión de ordenador.
Vantaxes: Ademais de todo o nombrado anteriormente, considero que a principal vantaxe de xogar a algúns xogos en pc, é que podes levar o portatil a calquera parte e continuar coa partida sen ter que esperar a chegar á casa.
Inconvintes: Os xogos multiformato saen ás veces máis tarde para o pc que para as consolas de sobremesa.
-Poñerme en contacto con amigos que viven lonxe:Utilizo pouco tanto os chats, como as redes sociais, coma o msn, etc.
Aínda así, procuro perder algo do meu tempo libre para falar coa xente que coñecín en Madrid.
-As razóns: Comunicarse mediante o ordenador é significativamente máis rápido que facelo por carta. Esa é a miña razón principal para decantarme por este tipo de comunicación.
Vantaxes: Podo manter o contacto con xente que vive lonxe de aquí rapidamente.
Inconvintes: Abusar deste tipo de comunicación con amigos que viven preto, quítanos tempo para sair con eles realmente, aínda que ben utilizado, non considero que poida dar ningún tipo de problema.
Xa na recta final do traballo, tócame falar sobre o meu primeiro ordenador, e se digo a verdade, non o recordo, de modo que, se pode ser, pasarei ó seguinte punto:
¿Que me gustaría aprender a facer cun ordenador?
Pois gustaríame aprender a retocar imaxes correctamente, que se me da espantosamente mal.
E nada máis.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario